Afectados por parálise cerebral reivindican o seu dereito a unha ‘integración social real’

PONTEVEDRA> O centro de Amencer-Aspace situado en Lourizán sumouse ás actividades de conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral coa lectura dun manifesto no que reivindicaron igualdade de dereitos para as persoas que padecen esta doenza. O dous de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise cerebral, unha discapacidade que afecta a 17 millóns de persoas no mundo; 120.000 delas en España. O seu grao de afectación é de 2 por mil no noso país. A pesar deste grao de incidencia, a día de hoxe aínda hai un certo descoñecemento sobre a doenza. Co obxectivo de facerse visibles ante a sociedade e demostrar que teñen as mesmas aspiracións e dereitos que o resto da cidadanía, a Federación de afectados a nivel nacional organizou un acto público de cadansúa asociación á mesma hora e nas distintas cidades na que se leu o mesmo manifesto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/02/amenceraspace.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/02/AMENCER_PARALISE_CEREBRAL_.mp4{/flowplayer}