O concello destinará 400 mil euros para axudar ás familias máis necesitadas

Pontevedra> O pleno do concello de Pontevedra aprobará a vindeira semana a renda social que lanzan dende Marea. Esta renda consiste en axudar as familias con ingresos inferiores a 572 euros mensuais, tería unha duración de un ano e un investimento de 400 mil euros por parte do Goberno Local. A apoio do Grupo En Marea aos orzamentos do Goberno Local traía consigo algunha que outra petición. A primeira e principal, a creación dunha renda social para a axuda de familias cuxos ingresos non sexan suficientes para facer fronte as necesidades básicas. Cuxos ingresos non superen os 572 euros. Esta axuda ás familias será de caracter temporal con posible prorroga, dependerá do orzamento. Neste ano dende o concello destinarán 400 mil euros a esta renda social que permitirá dar axuda a 48 familias de Pontevedra. Trátase dunha prestación económica esencial para estas familias que contan con ingresos insuficientes para cubrir as necesidades básicas. Para poder percibir esta dotación económica non se pode estar recibindo ningunha outra axuda nin pensión contributiva, débese residir no concello de Pontevedra, ter máis de 18 anos, vivir nunha unidade familiar e ter ingresos por debaixo dos 572 euros mensuais. Esta medida irá ao pleno do vindeiro venres 7 de abril. Dende Marea agardan que a finais deste verán as familias podan estar percibindo xa esta renda social. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/renda_social_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/renda_social.mp4{/flowplayer}