Novas axudas para a provincia do Plan Concellos 2017

Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres unha nova liña de axudas para 12 concellos da provincia entre os que se atopan Moraña e Poio. Ademais tamén se dará o visto bo a creación de 6 novas empresas no viveiro empresarial de Barro-Meis. 

 

Este venres a Xunta de Goberno da Deputación aprobará as axudas que o Plan Concellos proporciona aos concellos da provincia. Nesta ocasión irán destinados a 12 entre os que se atopa o de Moraña e o de Poio. Unha liña de axudas que contará cun investimento de máis de un millón 600 mil euros e que creará, segundo a presidenta, 234 empregos na provincia. +

Ademais esta Xunta de Goberno tamén aprobará a creación de 6 novas empresas no Viveiro empresarial Barro-Meis. 

Unha rolda de prensa onde a presidenta da Deputación tamén anunciou que este ano dende o Pazo Provincial vaise a convocar o primeiro premio provincial de Xuventude que contará cun investimento de 100 mil euros e que terá como obxectivo poñer en valor as actividades que desenvolve a mocidade. 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/xgd_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/xgd.mp4{/flowplayer}