{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/feijoovisitaobrasvariantenoia041013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/feijoovisitaobrasvariantenoia041013.mp4{/flowplayer} NOIA> Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante unha visita ás obras do viaduto que cruza a Ría de Muros-Noia. ‘Un feito histórico que marcará un antes e un despois na historia da comarca de Muros Noia’. Con estas palabras iniciaba a súa intervención o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na súa visita ás obras do viaduto que une a Barquiña co porto de Testal, de preto de dous quilómetros de lonxitude, e que forma parte do trazado de construción da variante noiesa. O titular autonómico tivo tempo de comprobar ‘in situ’ a marcha dos traballos desta importante infraestrutura, xa executada nun 80%, cun custe de 20 millóns de euros dun total de 40 que custará toda a variante, asegurando que estará rematada no verán de 2014. –inserto O presidente da Xunta sinalou que se trata dunha actuación moi necesaria, que mellorará as comunicacións da zona, beneficiando a máis de 150.000 persoas, e reducindo os tempos nun 71 por cento. É, segundo el, un exemplo máis do compromiso da Xunta coa comarca noiesa, na que nos últimos anos se teñen investido preto de 250 millóns de euros, con obras como a vía de alta capacidade entre Santiago e Noia, a variante de Outes ou a propia variante noiesa, máxime nunha época coma a actual, en plena crise económica. –inserto O mandatario autonómico tamén se referiu na súa intervención ó aspecto patrimonial, ambiental e socioeconómico desta obra. Así sinalou a blindaxe dos achados arqueolóxicos e as estritas medidas de control ambiental para minimizar o impacto das obras nas augas e na biodiversidade, ademais das medidas compensatorias para tentar paliar o dano económico para os mariscadores da zona por valor de preto de medio millóns de euros. Redacción Barbanza
Inicio crb