A ANPA do Castro mobilízase en favor da gratuídade dos libros de texto

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/protesta_anpa_o_castro_libros_de_texto_1906201.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/protesta_anpa_o_castro_libros_de_texto_190620.mp4{/flowplayer} BOIRO> A ANPA Loureda do Colexio de Cabo de Cruz levántase en contra da retirada das axudas para os libros de texto. Demandan a volta do sistema de préstamo gratuíto e universal, a través dos bancos solidarios promovidos polas asociacións de pais e nais. Os pais do colexio do Castro, en Boiro, concentráronse ás portas do centro educativo para esixir a gratuidade dos libros do texto, Denuncian que, coa entrada en vigor da LOMCE, moitas familias quedarán excluídas dos cheques para a adquisición dos libros de texto e material. O problema afecta especialmente ós cursos de terceiro e quinto de primaria onde este ano se renovan por completo os libros. Tampouco comulgan co sistema de préstamo de libros proposto pola Xunta. Pensan manter o banco solidario das ANPAS, onde as familias ceden o material escolar para outras familias que o precisan, e non para uso da administración en beneficio das editoriais. Esta protesta é tan só un pequeno paso para os pais que non pararán ata conseguir a restitución do sistema de préstamo gratuíto e universal logrado pola Confederación de ANPAS de Galicia en 2003.