O Pontevedra continúa coa festa do ascenso

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/ascenso_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/ascenso_pontevedra.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> O Pontevedra continúa celebrando o seu retorno á división de bronce do fútbol español. Dende que o sábado gañara na casa o ascenso a Segunda B, o conxunto granate está inmerso en celebracións coa afección e recepcións oficiais. Esta mañá, foi a quenda da Deputación de Pontevedra, o seu principal patrocinador.

    Foi o sábado a última hora cando a vitoria por 3 goles a cero ante o Haro Deportivo daba o ascenso a Segunda División B ao Pontevedra. Pero dende entón, o club non parou de celebralo. 

    Este mediodía xogadores, corpo técnico e directivos recibiron unha pequena homenaxe na Deputación; institución que é o principal patrocinador do club.

    O presidente da Deputación, que tamén o é da Federación Galega de Fútbol, gabou o traballo dos xogadores, pero tamén do consello de administración do club. Para Louzán, están a seguir o camiño correcto.

    Tamén tiveron palabras para a afección, que se volcou co club nesta fase de ascenso.

    A fin de festa estaba prevista para esta tarde en Mugartegui, onde foron recibidos polo alcalde e outros membros da corporación pontevedresa.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí