O BNG esixe cambiar o actual modelo forestal

RIANXO> A portavoz nacional de BNG, Ana Pontón, visitaba as zonas afectadas polo lume. A nacionalista coñeceu de primeira man as impresións dos veciños que viviron a catástrofe.

Xunto co alcalde, Adolfo Muíños, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, percorreu diversas zonas afectadas polo lume na parroquia de Leiro. Tivo tempo tamén de falar con algún dos veciños afectados e coñecer de primeira man as súas impresións sobre a catástrofe, mostrándolles o seu total apoio. Ademais anunciou que o BNG ten previsto levar ó Parlamento Galego varias iniciativas para abordar un novo plan forestal que beneficie a todos e non un modelo que só beneficia  ás grandes empresas. Tamén sinalou que reclamará  máis recursos para a prevención e a extinción de incendios.