Os viticultores do Salnés prepáranse para unha fin de semana intensa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/vendimasalnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/PREVIA_VENDIMA.mp4{/flowplayer}

SALNÉS> A tregua da chuvia, que comezará esta fin de semana, permitirá o arranque da vendima de forma xeneralizada na DO Rías Baixas. Algunhas adegas xa comezaron a recoller uva nos poucos días bos que houbo esta e a pasada semana, pero as labores víronse interrompidas polas fortes precipitacións. Outras, como Lagar de Pintos, en Ribadumia, decidiron agardar e arrancarán mañá de cero a súa vendima. Na adega Lagar de Pintos, de Ribadumia, a uva xa está lista para ser vendimada. Só falta que deixe de chover e iso esperan que pase esta fin de semana. Tocará entón pisar o acelerador, porque nalgunhas parcelas, a uva xa non aguanta máis no viñedo. Esta adega familiar conta cunhas 7 hectáreas de viñedo propio e adoitan comprar tamén uns 250 mil quilos de uva a diferentes viticultores. Para a vendima precisarán unhas 30 persoas e para procesar a uva en adega farán ata tres quendas de traballo. Marta Castro, xerente da adega, asegura que a uva de Lagar de Pintos chega á vendima nun estado sanitario perfecto, polo que cre que aguantará ben a choiva. De momento, o único que está a amolar a chuvia é precisamente a recolección dos froitos.