Elnosa inicia o ERE de extinción

PONTEVEDRA> Elnosa abre un novo período de consultas co comité de traballadores para negociar un segundo  ERE de extinción. Das 28 persoas empregadas a día de hoxe pola cloreira, quedarían 7 na planta de Pontevedra.

A dirección de Elnosa reuniuse onte co comité de empresa para negociar o ERE de extinción que limitará o persoal ó mínimo necesario para manter a actividade comercial á que quedará reducida a sede de Pontevedra.

A empresa plantexa realizar o proceso en 3 fases.

Elnosa ofreceu a gran parte do persoal a recolocación na nova fábrica do grupo en Torrelavega.

Tamén se está contando con estes traballadores para postos que van  xurdindo en ENCE.

Os traballadores responsabilizan ó concello e ó goberno central do peche de Elnosa e de ter que marchar da cidade.

En Elnosa traballaban, antes do primeiro ERE, 61 persoas. Dende CCOO lamentan a perda de postos de traballo e de tecido industrial.