A Illa terá o seu propio edificio de usos náuticos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/edificio600_071013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/reunionLouzanVazquez_071013.mp4{/flowplayer} A ILLA> A Illa de Arousa terá o seu tan demandado edificio de usos náuticos. Unha actuación pola que levaban anos agardando e que será construída coa colaboración de Deputación de Pontevedra e Concello. Un espazo que dará resposta ás necesidades de club de piragüismo e Asociación Cultural Dorna. O edificio de usos náuticos é unha vella demanda do club de piragüismo A Illa a da Asociación Cultural Dorna. Agora verá a luz toda vez que o concello pon a disposición da Deputación case 3.900 metros cadrados na zona sur da praia do Bao, na entrada á Illa. O primeiro paso para que estas novas instalacións sexan unha realidade será que o concello tramite a modificación urbanística dos terreos nos que se vai construír e a súa posta á disposición da Deputación de Pontevedra, que será a que se encargue da execución do proxecto e da maior parte do seu financiamento. Con este obxectivo, convocarase un pleno extraordinario para a aprobación inicial da modificación puntual destes terreos e a súa posterior remisión á Xunta para a aprobación definitiva. Logo ambas institucións asinarán un convenio e convocarase un concurso de ideas co obxectivo de definir o proxecto final. As dúas administracións se comprometeron a incluír nos orzamentos de 2014 unha partida económica para a construcción deste centro.