Os Bolechas van de viaxe a Cambados

bolechas100.jpgCAMBADOS> Os Bolechas estiveron en Cambados e agora relátannos a súa experiencia nun novo libro da colección Os Bolechas van de viaxe.

{flowplayer}images/salnes/bolechas.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> Os Bolechas estiveron en Cambados e agora relátannos a súa experiencia nun novo libro da colección Os Bolechas van de viaxe.

O exemplar foi presentado esta mañá no Concello cambadés polo seu propio autor, Pepe Carreiro, e máis polo alcalde Luís Aragunde. O autor vigués explicou que visitou a vila do Albariño para ambientar esta historia, na que aparecen lugares emblemáticos de Cambados, sobre todo, do casco vello. Espera que sirva para que a xente se anime a visitar a vila. Iso tamén espera o alcalde de Cambados, tendo en conta o gran éxito editorial dos Bolechas entre os nenos.

O Concello organizará en quince días unha festa de fin de curso e agasallará ós nenos cun exemplar dos Bolechas. O alcalde de Cambados espera seguir contando con Pepe Carreiro para traer de novo ós Bolechas á vila.

Redacción Salnés