CCOO e UXT maniféstanse en defensa do ‘emprego decente’

PONTEVEDRA> Na defensa do traballo decente. Este foi o lema baixo o que se mobilizaron en toda Europa varios representantes sindicais e traballadores. En Pontevedra, só UXT e CCOO se sumaron á convocatoria a nivel europeo da Confederación Sindical Internacional. A defensa do traballo decente foi o motivo que levou a rúa esta mañá a milleiros de sindicalistas e traballadores en toda Europa en resposta ó chamamento internacional anual da CIS, a Confederación Sindical Internacional. Na Cidade de Pontevedra secundaron esta concentración sindicalistas de Comisións Obreiras e UXT para denunciar a situación laboral que se está a vivir no noso país arestora. Neste sete de Outubro, Día Mundial do Traballo Decente, os sindicatos denuncian que cada día empeoran as condicións laborais en España. A Troika impón que España sexa un país secundario, de man de obra barata; o que redundará negativamente na duración e na fondura da crise. Así as cousas, piden que muden as políticas erradas dos Gobernos Central e Autonómico; que permiten que as empresas sigan a aumentar beneficios á costa do soldo dos seus empregados. Ante esta diminución do Estado de Benestar, UXT pide que se reaxusten os orzamentos en beneficio da poboación; especialmente agora que a Xunta de Galicia está a traballar nas previsións económicas para o ano que ven, á raíz da publicación das previsións estais. Desde estas forzas sindicais aproveitan para denunciar tamén que a perda do poder adquisitivo dos galegos chega tamén na falsa suba das pensións anunciadas. Aseguran que o IPC está máis alto que ese 0,25% de incremento proposto; o que na práctica suporá unha merma na capacidade económica da terceira idade e das súas familias. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/traballo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/CONCENTRACION_CCOO_UXT.mp4{/flowplayer}