O CIFP Coroso acolle o concurso provincial de mozos instaladores eléctricos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/concursoprovincialinstaladoreselectricoscoroso0406141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/concursoprovincialinstaladoreselectricoscoroso040614.mp4{/flowplayer}

RIBEIRA> Búscase ó mellor profesional menor de 21 anos.

No instituto ribeirense de Coroso desenvolveuse o XIII concurso de mozos instaladores eléctricos. De aquí sairá o representante provincial de A Coruña que participará na final nacional de Madrid. Durante toda a xornada, catro rapaces de centros educativos de A Coruña, Culleredo, Santiago e Ribeira traballaron para demostrar a súa valía no ámbito da instalación eléctrica. Todos eles teñen menos de 21 anos, proveñen de ciclos formativos desta área e agora compiten para representar á Coruña na fase nacional coincidindo con MATELEC, o salón Internacional de material eléctrico e electrónico. Os estudantes tiveron que demostrar os seus coñecementos cunha pequena proba teórica e despois, traballar e darlle a cabeza durante horas para executar unha complexa e completa proba práctica. Unha vez concluído o tempo, o xurado pasará a facer as respectivas comprobacións para coñecer o gañador. Téñense en conta diversos factores. Este tipo de concursos buscan incrementar as posibilidades dos máis novos de acceder a un posto de traballo. Na última edición do concurso nacional, que foi hai dous anos, venceu o concursante coruñés, Miguel Rodríguez Botana.