A rexeneración das Xunqueiras será unha realidade no 2014

    POBRA> O alcalde, Isaac Maceiras, amosou a súa satisfacción pola inclusión, nos ornamentos xerais do estado, dunha partida de carácter xenérico, para levar a cabo esta actuación.

    Despois de moitos anos perseguindo este proxecto, o executivo pobrense verá cumprida unha das súas maiores demandas, xa que as marismas das Xunqueiras serán finalmente rexeneradas, recuperándose así unha zona dun indubidable valor medioambiental e paisaxístico. O alcalde, Isaac Maceiras, non poidía ocultar a súa satisfacción pola nova que lle foi confirmada polo propio xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil. A intervención está previsto que se execute en dúas fases. Na primeira intervirase na marisma propiamente dita e, na segunda, recuperarase a fachada da zona do Arenal. Tamén está prevista a execución dun paseo peonil que bordeará a zona. A partida destinada a este fin aínda non está clara, aínda que podería rondar, unha vez finalizada a actuación, os dous millóns de euros, que irían con cargo ós ornamentos xerais do Estado. Os prazos que manexa o ministerio de Medio Ambiente pasan porque o proxecto poida estar listo este ano, para que poida tramitarse e licitarse xa no 2014. Redacción Barbanza {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/rexeneracionmarismasxunqueiraspobra071013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/rexeneracionmarismasxunqueiraspobra071013.mp4{/flowplayer}