A xuntanza de Zona Aberta co Concello empeora as cousas

    VILAGARCIA> Os comerciantes socios de Zona Aberta de Vilagarcía non abrirán definitivamente as súas portas o sábado día do Pilar, a pesares de que abre a Praza de Abastos e de celebrarse o mercadillo. Máis de corenta membros da Asociación Zona Aberta de Vilagarcía reuníronse esta mañá no Concello co Alcalde e ca Edil de Mercados Rocío Llovo co fin de achegar posturas sobre a polémica en torno á celebración do mercadillo o vindeiro sábado día 12, día do Pilar. O Concello entende que puxo todo da súa parte e os comerciantes aseguran que non se lles ten en conta. Por unha banda o Concello xustificou a súa postura na mesma sinalando que o Concello non pode negarse á que se celebre o mercadillo posto que así o estipula a Lei de Comercio, polo que de non permitilo estarían prevaricando. Un extremo que negan os comerciantes ó denunciar que a Lei de Comercio rexistra claramente que en casos coma este a competencia é municipal. Para os socios de Zona Aberta abrir este sábado supón non poder conciliar a vida familiar e laboral nun festivo; amais que a apertura das grandes áreas comerciais fará que moitos deles non cubran gastos nesa xornada. Pero de todo, o que máis lle molesta é que non se lles comunicara que o mercadillo non ía a cambiar de data por celebrarse en festivo, como é costume na Capital Arousá. Na rúa encontramos opinións preferentemente favorables ós comerciantes. A poboación entende que tamén teñen dereito a descansar un par de días á semana cando é festivo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/comercio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/REXISTRO_FIRMAS_ZONA_ABERTA.mp4{/flowplayer}