Ribeira instalará sistemas de seguridade intelixentes nos pasos de peóns da Avenida da Coruña

RIBEIRA> O concello de Ribeira segue a apostar polo incremento da seguridade viaria nos puntos máis conflitivos. Un deles é a avenida da Coruña, onde instalará un sistema de detección intelixente nos pasos de peóns.

O concello de Ribeira adxudicará nos próximos días a instalación destes innovadores sistemas en 4 pasos de peóns da Avenida da Coruña.

Inclúe a instalación de LED verticais en ámbolos dous sentidos que cambiarán  a intensidade e a frecuencia para alertar ós condutores da presenza de peóns. Instalarase tamén sinalización LED horizontal en forma de balizas así como luminarias nas beirarrúas, detectores de presenza de peóns e radares para vehículos.

A actuación, enmarcada na EDUSI Máis Ribeira Atlántica, suporá un investimento de 92 mil euros cofinanciados cos Fondos Europeos FEDER.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí