A liña de axudas covid distribuirá máis de 9 millóns de euros entre os autónomos do Salnés

VILAGARCIA> O plan de rescate do goberno para os autónomos e as pemes deixará na comarca dos Salnés 9 millóns de euros. Poderán optar a estas axudas todos aqueles negocios que sufriron unha caída da facturación por riba do 30%. O obxectivo é axilizar os pagos cos traballadores e provedores e evitar así a rotura da cadea de pagos..

As negociacións entre goberno central e Agtamar Upta rematan cun acordo mediante o cal se poñerán a disposición das comunidades autónomas as denominadas liñas covid de axudas directas aos autónomos e as pemes. Dentro deste reparto, 234 millóns corresponden á comunidade galega que destinará 9 millóns de euros á comarca do Salnés. O obxectivo é axilizar os pagos cos traballadores e provedores e evitar a rotura da cadea de pagos.

As cantidades repartiranse entre os concellos segundo a proporción de traballadores autónomos coas que conten.

Só poderán optar a estas axudas aqueles autónomos cuxa caída da facturación supere o 30%. O reparto será proporcional segundo o descenso dos ingresos.

Dende Ugtamar Upta e a Xunta ultiman o decreto para tramitar esta axuda. Dende a asociación de traballadores fan un chamamento para que, unha vez que se abra o prazo, os posibles beneficiarios presenten a documentación necesaria e opten a estas axudas tan necesarias para salvar a moitos autónomos e  pequenas empresas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí