Bea: “O Grove merece un GES estable polo seu potencial turístico”

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/fredi600_101013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/GrumirGrove_101013.mp4{/flowplayer} O GROVE> Malestar no Grove. A Xunta de Galicia ven de facer un novo reparto dos Grupos de Emerxencias e O Grove volveu a quedar excluído. Se ben outros concellos como o de Valga si foron escoitados e terán o seu propio servicio, non pasa o mesmo coa localidade meca. Dende o equipo de goberno din que seguirían presionando para poder contar cunha base. O Grove quedara fóra do primeiro reparto dos novos grupos de emerxencias, logo de que fora adscrito á demarcación de Sanxenxo, base pola que sería atendida. Con todo, a renuncia de varios municipios de contar con este servizo, fixo albergar esperanzas ós grovenses de dispor do seu propio grupo de emexencias. Na mesma tesitura atopouse Valga, que finalmente sí o terá. O Grove quedouse fora, aínda que de momento non tiveron confirmación oficial dende a Xunta e queren ser cautos. O novo reparto da Xunta habilita tres novas bases, só unha delas na provincia de Pontevedra, que é a de Valga. Dende o concello non están para nada contentos con esta decisión de Santiago e seguirán buscando unha solución e exixindo un servizo que din precisar. Alfredo Bea incidíu nese aspecto político, deixando caer que o pacto de goberno no Grove podería verse afectado se cumpre con este grupo estable de emerxencias.