PORTO DO SON> A Regata La Solitaire Urgo le Fígaro recalará este ano en augas de Muros Noia. O Club Náutico de Portosín será punto de chegada da terceira etapa, unha das máis longas do circuíto con catrocentas millas náuticas de percorrido. Ademais do seu prestixio internacional, esta regata pode presumir de ser unha das máis duras do mundo, obrigando ós participantes a realizar tres noites de navegación por cada unha das etapas. A chegada das embarcacións está prevista a partir do tres de setembro. Unha vez en augas da rúa disporán de tres días de descanso para disfrutar dos atractivos turísticos da comarca. Precisamente, o presidente de Portos de Galicia destacou a importancia deste evento á hora de promocionar o gran potencial da náutica galega.
Inicio crb