500 emprendedores reuniranse en Pontevedra no Congreso Internacional de Viveirismo

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/30/congreso_viveiros_empresas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/30/congreso_viveiros_empresas.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> En maio, Pontevedra converterase na capital do emprendemento. A cidade acollerá un Congreso Internacional de Viveirismo organizado pola Fundación Incyde e pola Deputación, que traerá á cidade a preto de 500 emprendedores. As charlas correrán a cargo de expertos en diferentes áreas e representantes de empresas tan importantes como Estrella Galicia, Google ou France Telecom.

    Pontevedra acollerá o segundo Congreso Internacional de Viveirismo organizado pola Fundación Incyde, que agrupa ás Cámaras de Comercio de España. 

    A iniciativa chega a Pontevedra os días 13 e 14 de maio na sé de Afundación, despois dunha primeira edición que acolleu Sevilla. Está previsto que asistan máis de 500 emprendedores, nun ambiente que busca propiciar as sinerxias entre diferentes proxectos.

    O congreso incluirá grupos de traballo orientadas a xestores de viveiros de empresas, xornadas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico ou un Networking activo, entre outras actividades. Tamén contará con charlas de destacadas personalidades, con representantes de empresas como a galega Hijos de Rivera, responsable de Estrella Galicia, ou as internacionais France Telecom e Google.

    A charla inaugural correrá a cargo de Emilio Duró, consultor, asesor e profesor de universidades nacionais e internacionais.