Ponteemprego volve para ofrecer novas oportunidades laborais

PONTEVEDRA> Celebrarase na cidade do Lérez entre o 23 e o 24 deste mes. A iniciativa botou a andar o ano pasado para dinamizar o mercado laboral e impulsar o contacto entre demandantes e ofertantes de emprego. Esa primeira edición superou tódalas previsións de acollida e participantes, algo que agardan repetir nesta, pero limando certos aspectos. De aí as novidades coas que chega este 2013. Entre elas, o modo de entrega de currículos, as entrevistas de traballo con empresas ou o funcionamento de obradoiros e talleres. Milleiros de persoas irrompían o ano pasado no Pazo da Cultura na busca dunha oportunidade laboral. A primeira edición de Ponteemprego ofrecía a tramitación de 125 contratos durante a campaña de Nadal, e as ringleiras para anotarse na bolsa de emprego e entregar currículos eran inmensas. Este éxito animo á concellería de Promoción Económica de Pontevedra a repetir a experiencia, pero corrixindo certos aspectos. E o sistema de funcionamento da bolsa de emprego será unha delas. Nesta edición canalizarase a través do proxecto Iles, o espazo creado polo concello para promover a inserción laboral. A feira estruturase en catro áreas. Unha centrada na información sobre emprego no que empresas, entidades, e organismos públicos darán a coñecer a súa actividade e necesidades de persoal. Entre elas estarán a Cámara de Comercio de Pontevedra, o Igape, AEMPE ou as Forzas Armadas. Esta zona situarase no vestíbulo do Pazo da Cultura ó Igual que a ásrea de intermediación laboral e a bolsa de contratación, onde terán lugar as entrevistas preconcertadas entre empresas e aspirantes a un posto de traballo. Tamén haberá un espazo dedicado ás conferencias e debates sobre temáticas de actualidade vinculadas ó emprego e autoemprego, con especial fincapé nos emprendores e nas saídas ó exterior. Por último, os obradoiros de busca de emprego. Serán nove, con 26 edicións ó ter prazas limitadas a un máximo de 15-25 participantes. Para intervir nestes obradoiros haberá que anotarse entre hoxe e o día 21 na web do proxecto Iles. A partir do día 16, os interesados en deixar o seu currículo poderán facelo tamén logo de consultar as ofertas publicadas no boletín do Iles. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/PONTEMPREGO2013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/10/PTAC_PONTEMPREGO2013.mp4{/flowplayer}