Fomento arranxará os desperfectos das obras do AVE en Pontevedra

PONTEVEDRA> Restablécese o clima de cordialidade entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Pontevedra polas obras do Tren de Alta Velocidade. Finalmente a Dirección de obra encargarase de que se solucionen tódolos desperfectos ocasionados por esta destacada actuación co que o Consistorio non poñerá trabas intencionadas ó desenvolvemento das mesmas. O Concello de Pontevedra non comezará o luns cas medidas de presión que tiña previstas para ralentizar e obstaculizar as obras da chegada do Tren de Alta Velocidade a esta Cidade. Onte o Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores falou co Secretario Xeral de Infraestructuras, o número catro no organigrama de Fomento, e xa arranxaron as cousas. Esta mañá, o edil nacionalista César Mosquera era o encargado de amarrar os flocos pendentes co propio Secretario Xeral, o Subdirector da Dirección Xeral de Ferrocarrís, o Xefe da Demarcación de Pontevedra e Xefe de Unidade na Provincia e o Subdelegado do Goberno, entre outros. O resultado da reunión foi o restablecemento da cordialidade e da colaboración institucional entre os Gobernos Local e Central. . En total contabilizáronse uns vinteseis problemas xerados por mor desta importante obra; a meirande parte deles vencellados ó deterioro do pavimento polo paso de vehículos pesados. Haberá que agardar a que conclúan as obras do Tren para despois repoñer as estradas, as luminarias e demais desperfectos que se comuniquen. E é que as obras chegan xa a súa fase final. Arestora no barrio da Seca estase a realizar un falso túnel co que as molestias serán inevitables. Uns problemas, para Fomento, habituais en actuacións desta envergadura pero que unha vez rematadas as obras a cidadanía daraas por boas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/xuntanza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/MOSQUERA_FOMENTO_AVE.mp4{/flowplayer}