Vivas, libres e unidas. UXT e Comisións convocan os seus paros para o 8-M

Pontevedra> Vivas, Libres e Unidas, baixo este lema UXT e Comisións Obreiras convocan os paros de tres quendas para este 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Trátase de paros de 2 horas en cada xornada que se realizan co fin de evitar que esta folga repercuta de maneira grave na economía das mulleres que se queiran sumar a este movemento.

Vivas, libres e Unidas, baixo este lema convocan os paros para este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende UXT e Comisións. Dende estes sindicatos convocan tres paros divididos en tres quendas para cada unha das xornadas, un que vai das doce da madrugada as dúas da mañá, outro de 12 da mañá a dúas da tarde e outro de 19:30 a 21:30 da noite.

Dende estes sindicatos tomaron a decisión de convocar paros co fin de evitar que unha folga de 24 horas repercuta de maneira grave na economía das mulleres que queiran sumarse a este paro. Esta postura é máis reducida que a folga de 24 horas convocada pola comisión 8 de marzo e tamén por CGT e CNT.

En Pontevedra, estes dous sindicatos, que chaman a facer paro aos homes a ás mulleres, realizarán unha concentración durante o xoves 8 de marzo diante da Subdelegación do Goberno de 12:30 a 13:00.