Moreira cree que “Lores está atormentado e o Goberno Local descoordinado”

Pontevedra> Dende o PP local de Pontevedra criticaron duramente a xestión nestes dous anos de mandato de Lores na cidade do Lérez. Jacobo Moreira cree que nos atopamos ante un alcalde atormentado e un goberno descoordinado. O líder dos populares di que Pontevedra leva dous anos perdidos e esa será a tónica xeral do restante de lexislatura. Co ecuador da lexislatura toca facer balance, e iso foi o que fixo esta mañá o líder do PP en Pontevedra. Jacobo Moreira criticou a xestión que na cidade está realizando o Goberno de Lores. Moreira cree que a Boa Vila está desatendida en todos os aspectos como por exemplo en infraestruturas. Moreira considera que os temas clave da cidade continúan nun caixón como son o PXOM ou o transporte público urbano. Por todas estas razóns considera que Lores está atormentado e o Goberno local descordinado. Moreira di que nada se fixo nestes dous anos e que nada se fará no que resta de lexislatura. En relación a si será el o candidato aos vindeiros comicios locais Moreira dixo que cando se convoque o congreso Local decidirá se presentarse ou non e será ai de onde sala o vindeido candidato do PP. O que sí ten claro é que rematará o seu mandato nesta lexislatura.