Os veciños de Vilagarcía denuncian unha praga de pombas e ratas

    VILAGARCIA> De novo hoxe dámoslle conta doutra protesta veciñal. Desta volta son os veciños e visitantes de Vilagarcía os que denuncian o emporcadas que están algunhas rúas do casco urbán, como é o caso da Rúa Ramón y Cajal, que conflúe cos xardíns de Ravella. Aseguran que neste punto se dá unha praga de ratas e de pombas. Os veciños de Vilagarcía, e tamén os viandantes do centro urbán, denuncian que o estado de limpeza dalgunhas rúas da Capital Arousá deixa moito que desexar. Unha das máis emporcadas é a rúa Ramón y Cajal, na que por mor da existencia de varios inmobles deshabitados e dun pombal nunha delas, está todo cheo de pombas, ratas e as pegadas que deixan no enlousado. O malestar é xeralizado, e mesmo hai quen se toma o asunto con retranca para poder sobrelevalo mellor. Amais hai veciños que se queixan mesmo do mal estado do estado do piso. Os lastros non están postos a nivel; o que provoca non poucas caídas. Algúns destes vilagarciáns protestaron tamén pola proliferación de pintadas por toda a Cidade, sen que ninguén faga nada por impedilo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/fotovila.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/QUEIXAS_RATAS_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}