200 persoas participan no primeiro cribado masivo de Poio

POIO> Éxito de participación no primeiro cribado masivo  de Poio. Esta semana están chamados a facerse unha proba unhas 400 persoas, a maioría residentes do poboado chabolista.

A situación sanitaria de Poio continúa empeorando. O Concello conta a día de hoxe con 176 casos activos e no municipio hai más de 500 persoas en seguimento. Ante estes feitos e, tras rexistrarse un brote de Covid no Vao, as autoridades sanitarias decidiron realizar un cribado masivo nesta zona. Durante esta primeira xornada achegáronse ata aquí unhas 200 persoas.

A maioría das persoas chamadas a realizarse estas probas PCR eran residentes do poboado chabolista. Os sanitarios aseguran que a resposta da cidadanía foi moi gratificante.

Na xornada de hoxe moitas persoas fixéronse eco desta mensaxe na que se informa que o Sergas cancelara o cribado por posible ameaza con actos violentos. Cabe destacar que se trata dun bulo e que as probas continuarán ao longo da xornada de mañá. Ademais, o Concello de Poio insistiu ao Sergas na necesidade de realizar máis cribados noutros puntos do municipio, en especial en Campelo, onde a incidencia da Covid medra a un ritmo moi preocupante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí