Un espectacular operativo policial por roubo alerta ós pontevedreses

PONTEVEDRA> As rúas de Pontevedra foron esta media mañá escenario dunha persecución policial de película. A Policía Nacional estivo buscando por terra e aire a un vello coñecido das forzas da orde que roubou un vehículo en Vigo. O exconvicto protagonizou unha espectacular fuxida polo casco urbano no que bateu a uns quince coches. Finalizou a fuxida correndo polas rúas da cidade. Aínda segue en liberdade. É perigoso e descoñécese se vai armado. Un home de 37 anos, Felipe S.C. de orixe luso pero residente en Pontevedra protagonizou hoxe unha espectacular fuxida tras roubar, presuntamente, un vehículo en Vigo. Os feitos comezaban pouco antes da media mañá cando este varón, con antecedentes penais, foi interceptado á bordo deste Volkswagen Tuareg negro de alta cilindrada que fora sustraído onte na Cidade Olívica. Tras ser detectado polos axentes da orde, o delincuente fuxiu neste vehículo cas portas abertas acompañado dunha moza portuguesa de 24 anos e dun can. Na fuxida a rapaza saíu despedida do vehículo e foi detida no mesmo momento. A persecución a motor percorreu varias rúas da Cidade, batendo con sinais e con ata 15 vehículos que resultaron danados, ata abandonar o vehículo en marcha na Rúa Arcebispo Malvar. Unha vez só o coche foi a bater contra o transformador do Edificio da Seguridade Social namentres o sospeitoso fuxiu escaleiras arriba cara á Basílica de Santa María, a zona do Campillo. O suposto ladrón percorreu a pé varias zonas do centro da Cidade, sen que a Policía Nacional fose quen de dar con el, a pesares do intenso dispositivo de vixilancia integrado por varios vehículos e un helicóptero. A persecución prolongouse varias horas, namentres os propietarios dos vehículos afectados descubrían a imposibilidade de faceren uso dos seus automóbiles por seren probas dunha actuación policial. Para máis INRI, moitos dos veciños coñecían ó fuxido como un delincuente habitual que xa estivera na cárcere de A Lama e cuxo pai tiña un pequeno negocio a dúas mazas da Praza de Touros. A única contestación que recibiron ó acontecido foi unha pegatina fixada no propio vehículo afectado. Ata a hora de peche deste informativo o sospeitoso continuaba en liberdade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/roubo_coche.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/ROUBO_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}