Pontevedra mellora a accesibilidade da rúa Alexandre Bóveda

PONTEVEDRA>Setembro é o mes escollido para dar saída ao inicio das obras que suporán a mellora da accesibilidade na rúa Alexandre Bóveda, na capital de provincia. Unha intervención que terá un custe de 240.000 euros. As obras para mellorar a rúa Alexandre Bóveda e o seu entorno darán comezo no mes de setembro. Unha actuación que mellorará a accesibilidade nesa zona, segundo anunciou esta mañá, o edil de Obras da capital e provincia, Demetrio Gómez. Con estas obras conseguirase facilitar o transito peonil e o acceso aos centro educativos de A Xunqueira, así como ao Pazo da Cultura. Nesta actuación acometerase a pavimentación do aparcamento do Pazo da Cultura e ademais ampliarase a beirarrúa pegada ao aparcamento, que pasará a medir preto de tres metros de ancho. Nesta actuación tamén se aproveitará para crear unha senda peonil que xa foi realizada polo peóns no extremo que linda coa zona da avenida de Compostela. As obras foron adxudicadas por uns 241.000 euros.

Comments are closed.