O segundo treito do paseo a Marín queda fóra dos Orzamentos do Estado para o 2023vv

PONTEVEDRA> O segundo treito do paseo peonil entre Pontevedra e Marín terá que agardar. O proxecto quedou fóra dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023 porque, segundo explicou a subdelegada do Goberno pontevedresa, está paralizado. O motivo: a falta de persoal técnico na Xefatura Provincial de Costas para facer o estudo necesario para solucionar o problema de seguridade na parte que iría sobre o mar.

O Goberno Central deixa fóra dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2023 o segundo tramo do paseo peonil entre Pontevedra e Marín. Un proxecto que está paralizado.

Este problema aínda non ten solución. Segundo Maica Larriba, a redacción do proxecto non se externalizou, senon que se redactou con medios propios da Xefatura Provincial de Costas. Pero agora vése freado pola falta de persoal.

Larriba insistiu en que os Orzamentos do Estado só recollen partidas executables. De aí que non figure ningunha asignación para a segunda fase do paseo.

Si figuran nestas contas outros grandes investimentos na provincia pontevedresa, como partidas para avanzar na A-57, coñecida como a circunvalación de Pontevedra, o nó de Bombeiros, o cuartel da Garda Civil de cambados ou o saneamento de Poio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí