A Festa do Marisco despachou preto de 92.000 racións en once días

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/marisco600_141013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/BalanceMarisco_141013.mp4{/flowplayer} O GROVE> Onte púxose peche a edición número 50 da Festa do Marisco e hoxe é momento de facer balance. Os números reflicten unha lixeira baixada con respecto ás cifras que deixou o 2012. Con todo, dende o CIT faise unha valoración postiva, tendo en conta que este ano non houbo ponte do Pilar. Foron ó redor de 92.000 racións as que se venderon nas carpas da Festa do Marisco durante os once días que durou a celebración gastronómica por excelencia en Galicia. É unha baixada do 10% con respecto a 2012, cando foran 104.000 os pratos servidos. O descenso en ganancias foi porcentualmente menor xa que se facturaron ó redor de 452.000 euros. O polbo, o arroz de marisco e as navallas foron de novo as racións máis solicitadas polos visitantes, chegados de toda Galicia e tamén de fóra da comunidade. González Benavides sinalou que lonxe dos datos que deixan as ventas nas carpas, o ambiente que se respirou no Grove, sobre todo durante as dúas fins de semana, foi execelente. E así o reflicten as cifras de ocupación de hoteis e hostais e tamén as dos restaurantes. Segundo o presidente do CIT, unha vez cumprido este medio século, a festa sigue medrando. O obxectivo agora é acadar dentro de cinco anos o recoñecemento como Festa de Interese Internacional.