Os pensionistas de CCOO recollen firmas para frear a pobreza enerxética

VILAGARCÍA> Os pensionistas de Comisión Obreiras estanse a mobilizar para recoller firmas coas que apelar a Ministra de Industria, Comercio e Turismo, e conseguir así frear o que denominan pobreza enerxética. En Vilagarcía, saíron a céntrica Praza de Galicia, onde levarán a cabo actos durante os vindeiros meses para denunciar esta situación que moitos están a sufrir.
A imposibilidade por parte de algunhas persoas de pagar as subministracións enerxéticas ou ter que destinar unha boa parte dos ingresos a págalas é o que levou aos pensionistas de Comisións Obreiras a saír as rúas de toda Galicia e recoller firmas coas que apelar Ministra de Industria, Economía e Turismo para que cambie esta situación.
Esta mañá tras case media hora de recollida de apoios, confirmaron que a lo menos levaban recollidas unhas 200 firmas, e que a partir de agora intentaran que estas accións en Vilagarcía, se realicen os martes e os xoves.
Dende os pensionistas de Comisións Obreiras sinalan que seguirán denunciando conxuntamente coa Confederación Sindical de CCOO os continuos incrementos das tarifas enerxéticas en España.