AJE Pontevedra presenta os seus premios ó Xoven Empresario 2013

    SANXENXO> AJE Pontevedra presentou esta mañá en Sanxenxo os premios XVIII Xoven Empresario do Ano. Nun acto celebrado na sé de Nauta e no que participou a alcaldesa Catalina González, resaltouse a importancia de incentivar e apoiar as iniciativas empresariais xuvenís. O premio Xoven Emnpreario do Ano recoñece a labor daqueles emprendedores e xóvenes empresarios que coa súa adicación e esforzo contribúen a crear riqueza na provincia de Pontevedra. Un galardón que premia a aqueles que loitan e saben superar os numerosos obstáculos que hoxe en día existen no mundo empresarial. A alcaldesa felicitou a AJE Pontevedra por seguir mantendo os valores de sempre malia os tempos de crise. Total Poderán optar ó premio todas aquelas empresas creadas nos últimos 18 meses e dirixidas por persoas menores de 41 anos da provinvia de Pontevedra. O resto de requisitos para participar pódense atopar en www.ajepontevedra.es. Os interesados teñen de prazo ata o 4 de novembro para presentar a documentación requerida. Os galardóns entrgaranse nunha cea gala no Liceo Casino de Pontevedra. O gañador ó mellor empresario levarase un IPAD e 3.000 euros en formación na Escola de Escola de negocios de Nova Galicia Banco. O mellor emprendedor un aloxamento gratuíto nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo e 1.000 euros en formación na Escola de negocios de Nova Galicia Banco. Tamén se entregarán dous accesit que premian a innovación e a creación de emprego. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/aje600_141013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/PremioNovoEmpresario_141013.mp4{/flowplayer}