Mal arranque da campaña de libre marisqueo en Arousa

RIANXO> Mal arranque da campaña de libre marisqueo en Arousa. Preto de 400 embarcacións iniciaron esta semana a actividade nos Lombos do Ulla, Cabío e O Bohído constatando a escaseza de recurso. A nota positiva puxérona os prezos con cotizacións moi altas para algunhas especies como o berberecho.

Escasas capturas no arranque da campaña do libre marisqueo na ría de Arousa. A maior parte dos rañeiros que esta semana iniciaron a actividade nos Lombos do Ulla, o Bohído e Cabío tiveron dificultades para alcanzar os topes posto que non abonda o marisco de talla comercial.

As cotizacións, pola contra, si deixaron boas cifras en lonxas como a de Rianxo onde o berberecho de primeira roldou os 15 euros. Favorece estes prezos a ausencia do berberecho no mercado do berberecho de Noia que permanece sen actividade por mor da toxina.

Aínda así, dende as confrarías seguen insistindo na necesidade de acometer un plan de rexeneración integral nos bancos de libre para frear a cada vez máis acusada caída da produtividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí