O concello mellorará varios camiños rurais en San Isidro

    POBRA> A actuación irá con cargo ó programa de mellora de camiños rurais de titularidade municipal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.

    O executivo pobrense iniciará nos próximos días a mellora de dous camiños na parroquia de San Isidro. Trátase dos viais que unen os lugares da Conga e Sanisidro e Pumadiño e os Casás. A actuación conta cun orzamento de máis de 46 mil euros, dos que preto de 39 mil, irán con cargo ó rograma de mellora de camiños rurais de titularidade municipal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o resto con cargo ós propios orzamentos do concello. A mellora será realizada en tres tramos. Ademais do acondicionamento do firme do camiño, a actuación prevé tamén o ensanchamento do mesmo, mellorando as dificultades actuais de accesibilidade. O alcalde, Isaac Maceiras, confía en que os traballos poidan estar rematados no prazo de dous meses aproximadamente. Ademais de agradecer o investimento realizado, o rexedor pobrense destacou as facilidades dadas polos veciños para realizar esta obra, cedendo naqueles casos necesarios, parte das súas propiedades para poder acometer a actuación. Con esta actuación o executivo pobrense continúa a súa liña de seguir traballando para que os veciños, especialmente aqueles que residen nas zonas máis rurais do municipio, conten cos mellores servizos e infraestruturas posibles. Redacción Barbanza {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/mellorascaminosruraispobra141013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/mellorascaminosruraispobra141013.mp4{/flowplayer}