Portosín acolle o Campionato Galego da clase Ilca en tres xornadas

PORTO DO SON> O Club Náutico de Portosín acollerá o Campionato Galego da Clase Ilca. Contará cuns 90 regatistas e disputarase en tres xornadas: 17, 20 e 21 de maio.

90 embarcacións tomarán parte no campionato galego de Vela da clase Ilca divididos en tres categorías: sub16, olímpica feminina e olímpica masculina.

As probas desenvolveranse en tres xornadas. A primeira o 17 de maio coincidindo coa festividade das Letras Galegas e as outras dúas durante a fin de semana do 20 e do 21.

O concello de Porto do Son colabora, como é habitual, cos distintos eventos que organiza o club náutico de Portosín que, ademais da vertente deportiva, serven para atraer visitantes e potenciar o turismo no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí