Aparecen sete vehículos con destrozos nun garaxe en Ribeira

    destrozosgaraxe.jpgRIBEIRA> A Policía Nacional investiga a posible autoría dos feitos acontecidos nun aparcamento soterrado ubicado na rúa Marcial de Adalid. Todo parace indicar que se tratou dunha trastada.

    {flowplayer}barbanza/destrozosgaraxes.flv{/flowplayer}

    Dos aproximadamente oitenta vehículos que a diario estacionan neste garaxe, tan só presentaba destrozos un total de sete. Segundo relataron os propios afectados o suceso tiña lugar na madrugada do domingo ó luns. Ese día a primeira hora da mañá foron atopándose co desagradable panorama: vidros esnaquizados, guanteiras revoltas e varios extintores baleirados ó longo de todo o aparcamento. Este é o parte dos danos causados, que agora investiga a Policía Nacional ribeiresa, e que supuxeron para eles un auténtico trastorno e un importante gasto.

    Posible trastada

    Todo parece indicar que se tratou dunha gamberrada, xa que ningún dos propietarios botou nada en falla do interior dos seus automóbiles.

    Esta non é a primeira vez que acontece un episodio semellante neste mesmo garaxe, xa que hai varios anos apareceron tamén varios vehículos con destrozos.

    Redacción Barbanza