No 2014 custará máis encher o depósito

    O SALNÉS> O combustible subirá en Galicia a primeiros do ano que ven; uns 3.6 céntimos a gasoil e uns 2.4 en gasolina. Esta recadación extra responde a un incremento nos impostos autonómicos para sufragar a Sanidade Pública. Preguntamos nas Rías Baixas ó parecer da cidadanía sobre esta nova suba que non afectará nin ós transportistas nin o combustible de usos especiais. Os orzamentos para Galicia do ano 2014 prevén un incremento na recadación por hidrocarburos na nosa comunidade cos que axudar a sufragar a sanidade pública. Na práctica suporá unha suba de 3.6 céntimos no gasoil e 2.4 céntimos na gasolina, a aplicar a primeiros do ano que ven. Nas estacións de servicio do Salnés este novo gravame do combustible Ven a castigar aínda máis o peto dos contribuíntes; o que non senta nada ben na opinión pública. Esta suba, o denominado céntimo sanitario, vense aplicando desde o 2003 en Galicai cando se subiu un 1.2 céntimos o gasoil e 2.4 a gasolina. Agora a cuantía autonómica deste imposto suporá 4.8 céntimos por litro; o que nos leva ós 3.6 e 2.4 céntimos anunciados para diesel e gasolina, respectivamente. Ó ser para sanidade hai quen aceptada de mellor grao a medida. Líbranse desta suba os transportistas e o combustible para usos especiais. O resto dos conductores deberán seguir aplicando as poucas medidas de aforro que se lle ocorren. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/gasoil.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/14/SUBA_IMPOSTOS_COMBUSTIBLES.mp4{/flowplayer}