A supercopa de waterpolo despútase o sábado en Pontevedra

PONTEVEDRA> Pontevedra acollerá o vindeiro semana o encontro de supercopa de waterpolo: un partido que dá boa mostra do nivel competitivo que hai na cidade do Lérez en torno a este deporte, grazas, sobre todo, á acción do Club Galaico. Este sábado Pontevedra será o epicentro do waterpolo galego grazas á desputa do encontro de supercopa que suporá a antesala da nova tempada ligueira. O encontro terá lugar ás cinco da tarde na Cidade do Lérez. Amais deste partido, ás seis da tarde o equipo infantil do Galaico baterase contra o feminino co fin de comezar a rodar antes do comezo da tempada a semana que ven; ó igual que o farán os cadetes contra ós xuvenís dúas horas máis tarde. Porén , as actividades do waterpolo comezarán desde pola mañá en Pontevedra con charlas técnicas sobre o novo regulamento impartidas pola Federación Galega desde deporte: primeiro para xogadores e adestradores, e logo con xornadas de reciclaxe arbitral. E é que esta fin de semana, Pontevedra será un fervedoiro de actividades deportivas, tal e como adiantaba o edil de deportes desta Capital de Provincia. O alto nivel que está a acadar Pontevedra en waterpolo podería ser recoñecido ca celebración dun campionato de España. Non é máis que unha proposta desde o Consistorio pontevedrés, pero por algo se empeza. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/waterpolo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/PTAC_SUPERCOPA_WATERPOLO.mp4{/flowplayer}