Froiz amplía as súas parcelas no Polígono Barro-Meis

Pontevedra> A presidenta da Deputación de Pontevedra informou esta mañá de que o grupo Froiz ven de adquirir novas parcelas no polígono Barro-Meis. Con esta nova adquisición este espazo xa ten vendidas 34 parcelas que suman ao redor de 140 mil metros cadrados. Quedan na actualidade 40 parcelas á venda que poden ser adquiridas ata abril do 2018. Con esta nova adquisición o Grupo Froiz adquiriu un total de 16 parcelas en Barro Meis para a instalación do seu Centro Loxístico, con esta compra Froiz é propietaria dunha superficie de 82 mil metros cadrados. Nos últimos días asinouse a venda desta parcela xunto coas doutras 6 empresas que tamén adquiriron espazos no polígono cunha extensión de 16613 metros cadrados e un importe que rolda os 1,8 millóns de euros. Dende a empresa Froiz amosaron esta mañá o seu agradecemento tanto á Deputación como ao concello de Barro. E dende o concello de Barro din que tenta axilizar os trámites necesarios para a compra de parcelas neste polígono. Con esta nova adquisición este espazo xa ten vendidas 34 parcelas que suman ao redor de 140 mil metros cadrados. Quedan na actualidade 40 parcelas á venda que poden ser adquiridas ata abril do 2018.