Os peques do Fina Casalderrey visitan o concello

Pontevedra> O pequenos da Escola Infantil Fina Casalderrey coñeceron hoxe todos os segredos que agocha o concello de Pontevedra. O alcalde recibiu a estes intrépidos estudantes e contoulles a que se adican as diferentes instancias do concello e tamén lles explicou a orixe de moitos trofeos que ten no seu despacho. Os máis pequenos da Escola de Educación Infantil Fina Casalderrey puideron coñecer en profundidade o concello de Pontevedra. Alí foron recibidos polo alcalde quen lle contou a que se adicaban algunhas das instancias deste espazo, como a sala de xuntas. Tamén, o alcalde, lles falou a estes pequenos de entre 3 a 5 anos, do Teatro Principal, un lugar onde lles lembrou que na actualidade celebran os plenos da corporación E tamén tiveron tempo para falar co concello de Pontevedra, o da Praza de España, un lugar que será rehabilitado pero con tempo… de momento Lores dixo que non é unha prioridade. Estes pequenos levaron un agasallo do concello un libro dos Bolechas, e ademais tamén estiveron no despacho do alcalde onde Lores lle contou a orixe e o por qué de todos os premios cos que conta no seu despacho que premian o modelo de cidade de Pontevedra.