O Concello de Poio inaugura a tempada de verán co izado da bandeira azul na praia de Cabeceira

POIO> A praia de Cabeceira, en Poio, conta xa coa bandeira azul. Un distintivo concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor e que pon en valor a calidade do areal.

Con este izado de bandeira, o Concello de Poio inaugura oficialmente a tempada de verán. A praia de Cabeceira volveu a facerse, un ano máis, con este distintivo. Un selo de calidade que leva lucindo dende hai xa unha década. A calidade da auga, o servizo de socorrismo, os aseos e o estacionamento son algúns dos servizos que o fixeron posible.

Un dos requirimentos máis importantes que ten que ter un areal para que lle concedan a bandeira azul é a calidade das augas. Un requisito co que cumpren 13 das 15 praias deste municipio.

Ante as medidas que están a adoptar outros municipios para previr a propagación do coronavirus nas praias, o alcalde de Poio asegurou que o seu Concello non tomará medidas específicas nos areais pero apelou á responsabilidade individual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí