Tres barbanzáns enfróntanse ó cárcere por tráfico de drogas no Salnés

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/xuizo1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/XUIZO_DROGA_CAMBADOS.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> Novo caso sobre tráfico de drogas listo para sentencia na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. Desta volta eran tres veciños do Barbanza os que sentaban no banquiño dos acusados por un suposto tráfico de estupefacientes ocorrido no 2009 en Castrelo, Cambados. Dous rapaces actuarían por encargo dun coñecido traficante de Boiro, cando foron interceptados por axentes da Garda Civil. En Febreiro do 2009, tal e como asegura o informe policial e como recoñeceron os propios acusados, dous rapaces do Barbanza, José e Francisca, acudiron ó lugar de Castrelo en Cambados a mercar heroína para un coñecido camello de Boiro. Cando estaban a realizar o intercambio foron sorprendidos e detidos pola Garda Civil, momento este no que se lles caeu unha bolsa de cocaína que argumentaron que era para consumo propio. Tras seren liberados volveron ó lugar dos feitos e, tras durmir no vehículo, localizaron a bolsa de heroína pola que os mandaran; momento no que volveron a ser interceptados polas forzas da orde; desta volta con heroína por valor de case 5.300 euros. Así o contada Francisca no xuízo. Francisca asegurou que tanto ela como José actuaron baixo o efecto do síndrome de abstinencia e baixo a presión e o medo que lle impuña a figura de Jesús Fernández Silva, o seu proveedor de drogas habitual. Co encargo do tal Suso querían costearse a súa adicción. O suposto narco negou os feitos e asegurou non entender porque o acusarán a él deste caso. Negou ter ameazado con arma algunha ós dous mozos tal e como denunciaran eles. Jesús conta con ata 78 antecedentes segundo recoñeceu no xuízo e dase o paradoxo de que nos últimos anos residiu en Boiro na casa da súa nai, no lugar da Espiñeira, ó carón do propio cuartel da Garda Civil. A Fiscalía deu por boas as atenuantes de drogadicción dos tres implicados, e tamén o exitoso proceso de desintoxicación que estaban a seguir os dous mozos transportistas. Para eles rebaixou a pena ata os dous anos de prisión e unha multa do dobre do valora da cantidade incautada; e para o presunto narcotraficante rebaixou os seis anos de cadea ós catro, amais, tamén dunha multa de idéntica cantidade. O caso quedou visto para sentencia.