A I Festa da Empanada Mariñeira chega a Portonovo en outubro

PORTONOVO> Os vindeiros 6 e 7 de outubro teñen unha cita en Portonovo. A I Festa da Empanada Mariñeira chega a vila para facer as delicias de todos os que gusten dos produtos domar por un lado, e da empanada polo outro.
A lonxa de Portonovo vestiuse de gala para a presentación da I Festa da Empanada Mariñeira que terá lugar nesta instalación de Portonovo os vindeiros 6 e 7 de outubro.
Co selo de Pesca de Rías tanto a Confraría de Portonovo como o Club de Piragüismo se embarcan nesta nova acción gastronómica para pechar o verán e promover os produtos do mar. Xoubas, polbo, raia, volandeiras, anguía ou percebes son tan só unha parte dos produtos que se poderán degustar dentro de estas empanadas tan ricas e tan galegas.
A organización pretende con esta acción conseguir unha maior participación da cidadanía neste evento, que si ven xa tivo unha antesala en edicións anteriores, nada tiña que ver coa empanada, showcookings, maridaxes, unha regata e ata un concurso para competir pola empanada caseira mariñeira máis rica. Así que xa saben, a primeira fin de semana de outubro, teñen unha cita en Portonovo.