Rías Baixas valora positivamente “Tempos de Vendima”

PONTEVEDRA> Cando está a piques de rematar unha das vendimas máis abondosas dos últimos anos, con arredor de 33 millóns de quilos de uvas, a Ruta do Viño Rías Baixas fixo un balance moi positivo das últimas iniciativas pioneiras destinadas á promoción do turismo enolóxico nas nosas zonas vitivinícolas. E é que a cultura do viño converteuse nun aliciente máis para visitar a nosa comunidade. A Ruta do Viño Rías Baixas ven de facer un balance moi positivo das últimas iniciativas de promoción que foron posibles grazas á sinatura dun convenio entre Turismo de Galicia e a Asociación das Rutas dos Viños de Galicia na que se encadra. Neste marco, puxéronse en marcha iniciativas ben novidosas dentro do programa Tempos de Vendima, que inclúe actividades aínda en marcha como o Viñobus. Amais, co fin de desestacionalizar o turismo e votar man do mesmo para promover a viticultura e viceversa, argalláronse outra serie de iniciativas máis ou menos inéditas ate o de agora. A maiores, hai varios restaurantes que están a ofrecer menús especiais nestes tempos de vendima e, co gallo do vindeiro día Europeo do Enoturismo, celebrarase en Cambados, unha cata amateur. Pequenas propostas que van sumando de cara á promoción dos viños Rías Baixas e das terras nas que se dan. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/vino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/RIAS_BAIXAS_171013.mp4{/flowplayer}