{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/jj600_181013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/jj_181013.mp4{/flowplayer} A ILLA> O Presidente de Portos de Galicia visitou peirao do Xufre, na Illa de Arousa. Alí José Juan Durán comunicou que durante os vindeiros días comezaranse a trasladar as primeiras partes da estrutura do novo dique de abrigo. Tamén deu cifras sobre o aforro conseguido en mantemento eléctrico nas instalacións portuarias do Salnés durante este 2013. No que vai de ano Portos de Galicia aforrou case o 50% en mantemento eléctrico nos peiraos do Salnés. Así o indicou José Juan Durán na Illa de Arousa. Unha empresa é a encargada de levar a cabo estes traballos nos 20 portos existentes entre Vilaxoán, en Vilagarcía, e o de Corbaceiras en Pontevedra. Pero o gran anuncio tiña que ver co inicio das obras de instalación do dique flotante de abrigo, que terá 240 metros llineais. Estes días estanse a fundir os módulos de formigón nunha empresa de A Coruña, un total de doce. Cada un deles irán anclado ó fondo mariño con seis mortos que serán trasladados durante os vindeiros días. Se o tempo acompaña, José Juan Durán agarda que o dique estea operativo antes de finais de ano. Na visita desta mañá estiveron representantes do sector pesqueiro e bateeiro. Tamén acompañou a Durán o alcalde Manuel Vázquez, que espera que a colocación do dique flotante sexa o máis áxil posible.
Inicio crb