Pontevedra merca un vehículo para afinar nas sancións de tráfico

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra impón unha media de 42 multas diarias das cales 18 corresponden a cidadáns da propia capital. Para intentar rebaixar esta ratio, o consistorio ven de mercar un vehículo ó que dotará das novas tecnoloxías para precisar o tempo de aparcamento de cada automóbil. Non queren chamalo multamóbil como o que opera noutras cidades porque din que o fin é precisamente ó contrario. O Edil de Infraestructuras e Mobilidade pontevedrés, César Mosquera asegura que a finalidade deste novo vehículo é reducir o número de sancións co que se opón a que se equipare cos multamóbil doutras cidades. O Goberno Local agarda a que este operativo entre en funcionamento dentro deste ano co fin de poder poñelo en práctica canto antes, acadando así unha maior obxectividade no cumprimento das normas viarias. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/cesar_mosquera.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/MULTAMOBIL_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}