O sector do mar mantén a mobilización prevista para este sábado

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/valoracions_retirada_lei_acuicultura2402161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/valoracions_retirada_lei_acuicultura240216.mp4{/flowplayer} BARBANZA/NOIA> Retirado xa o anteproxecto, cargan contra os responsables da Consellería como principais promotores desta lei moi lesiva para os intereses das xentes do mar. Con gran satisfacción o sector do mar recibía o anuncio da conselleira, Rosa Quintana, da anulación do borrador e a súa retirada da exposición pública. Atrás quedan meses de duro traballo e loita de distintas entidades e colectivos coa única finalidade que conseguir a súa retirada, ó considerala totalmente lesiva para os seus intereses. Todo un esforzo que ó final mereceu a pena ó dar os seus froitos. Aínda así o sector ten previsto seguir adiante cos súas reivindicacións. Por esta razón manteñen a mobilización convocada para este próximo sábado ás once e media na Alameda compostelá. O que si cambiará será o lema, xa non se pedirá a retirada da Lei, senón a dimisión dos responsables políticos que a promoveron.