VILAGARCÍA> A dirección Xeral de Patrimonio vén de autorizar ó concello a acometer a limpeza dos muros, uns traballos que se iniciarán en canto o goberno local reciba a autorización por escrito. O alcalde Tomás Fole recoñece que o permiso corría présa, xa que o entorno é un atractivo turístico do municipio e está nunha zona de paso de moitos cativos que estudan no colexio das Filipenses. O pasado mes de xullo o conxunto histórico de Vista Alegre aparecía inzado de pintadas vermellas con insultos, ameazas, símbolos anarquistas e incluso esvásticas tachadas. Desde o primeiro momento o concello atribuíu a autoría a un acto vandálico e recoñeceu a dificultade de dar cos responsables. Pero á marxe de acto en si, alarmou o dano que a pintura empregada podería causar ós muros duns edificios catalogados e protexidos pola Dirección Xeral de Patrimonio. Foi nese momento cando se iniciaron os trámites para poder acometer a súa limpeza. E é que precisamente ó tratarse de edificios protexidos, precísanse permisos e indicacións expresas de como realizar a actuación. Outorgado o permiso, desde o concello están á espera de recibir a autorización por escrito na que se especificará o sistema de limpeza. Desde o concello consideran que a obtención do permiso se realizou de xeito áxil, debido á importancia turística do entorno e agardan que antes de fin de ano a limpeza esta lista. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/pintadasvistaalegro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/18/PINTADAS_VISTA_ALEGRE_COLEO_DESRATIZACION.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas










