Rajoy entrega ó Náutico de Sanxenxo á Medalla ó mérito deportivo

    SANXENXO> O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, foi o encargado de entregar onte á tarde ó Real Club Náutico de Sanxenxo a Medalla ó Mérito Deportivo; un recoñecemento que lle outorga o Consello Superior de Deportes polos seus méritos deportivos, a súa capacidade organizativa de competicións e polo seu programa social.

    O Presidente do Goberno Central, Mariano Rajoy, protagonizou onte en Sanxenxo o acto de entrega da Medalla ó Mérito Deportivo ó Real Club Náutico desta localidade. Un distintivo que lle entrega o Consello Superior de Deportes en virtude da súa capacidade organizativa de competicións deportivas, pola traxectoria dos seus equipos e polo seu programa social. O seu Presidente, Pedro Campos, era o encargado de recibir a placa tras resumir o extenso palmarés deste club. Rajoy amosouse neste acto cómodo e distendido nun club no que se sinte coma na casa. Non obstante, é socio do mesmo desde o 1971. O Presidente español definiuse como un apaixoado do deporte e da vela, nos que como na vida, hai que ter certas cualidades indispensables para acadar o éxito. Non quixeron faltar á entrega desta distinción o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán e a alcaldesa do municipio, Catalina González; así como o director xeral de Deportes da Xunta, José Ramón Lete Lasa, e nomes significativos da vela galega e de entidades vencelladas directamente cas actividades deste Real Club Náutico.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/placa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/reconocemento_nautico_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí