A peonalización de Rei Daviña inaugura os fondos anticrise

    rei_davina_100_120209.jpgVILAGARCÍA> A actuación contará cun orzamento de 1.200.000 euros e completarase coa reordenación do tráfico na Avenida da Mariña.

    {flowplayer}images/salnes/120209_proxecto_rei_davina.flv{/flowplayer}

    Trala polémica aprobación dos fondos de inversión local de Vilagarcía, a primeira das actuacións comezará a tramitarse a partir do vindeiro martes conforme ó que se acorde na Xunta de Goberno Local. Estas obras consistirán na peonalización e acondicionamento de Rei Daviña e o seu entorno.

    Esta actuación encádrase nun proxecto máis amplo de acondicionamento do casco histórico da cidade, unha zona que o concello pretende incorporar á Área de Rehabilitación Integral, da que forman parte Carril e Vilaxoán. Segundo a alcaldesa de Vilagarcía, un dos principais beneficiados coa peonalización de Rei Daviña serán os comerciantes. Por iso, o goberno local xa se puxo en contacto con eles para informarlles do alcance destas obras.

    Esta actuación contará cun orzamento dun millón douscentos mil euros e irá complementada coa reordenación do tráfico na Avenida da Mariña.

    Dacordo coas características dos fondos anticrise, as obras de rehabilitación de Rei Daviña e o seu entorno deberán estar rematadas antes de final de ano.

    Redacción Salnés